martes, 14 de diciembre de 2010

ACTIVIDAD 6

PREGUNTAS


1.Definición


Podemos definir a actividade dos veterinarios como o conxunto de accións  e procedementos que, de modo preventivo ou asistencial, tratan de conseguir un estado xeral de benestar nos animais.
Os deberes primordiais do veterinario son os seguintes: a protección da saúde e do benestar dos animais, a conservación e mellora dos recursos gandeiros, a promoción e a prevención da saúde pública, e a conservación e defensa do medio ambiente.



2.Características básicas:


-Instalacións
Baixo de 100 m2  aproximadamente, con tenda e/ou sala de espera, sala de consulta e/ou laboratorio, quirófano, prequirófano, sala de raios, almacén e/ou sala de hospitalización e perruquería.



-Investimento
85.100 euros

-Número de empleados
3 con título do oficio.



3.Negocio nesta zona

Nesta zona da Costa da Morte,hay un número regulado de veterinarios,aunque non todos son profesionais como para realizar actividades importantes ou perigosas para o ser vivo.

4.Tipos de clientes

Non existe un perfil determinado, calquera persoa con mascota,que teña algún problema con ela e queira que o seu animal sexa atendido e curado.Dende nenos ,adultos ata persoas maiores que queiran recibir o mellor trato para a vida deste.

5.Empresas competidoras

As empresas competidoras máis próximas a nosa serán as da nosa localidade como :

-Arnela (Rúa Río Miño)
-Gran Vía (Rúa Gran Vía)
-San Francisco de Asis (Avenida Ponte da Pedra)
-Milu (Praza de Vigo)
-Severiano Fernandez (Rúa Perú)


Estas serán as clínicas mais competitivas respecto a nos porque dispoñen de servizos de alto nivel e moi profesionais.
Aínda que trataremos de ofrecer o mellor servizo por encima de todas delas e unha mellor atención tanto ao cliente como a o animal,cumplindo rapidez nas operacións e seguridade.

6.Características dos proveedores.

Os nosos proveedores esexirémoslle ideas actuais e innovadoras para destacar entre as demais clínicas da zona,pero sobre todo que teñan uns prezos asequibles coa nosa capacidade e que sexan razonables coa inversión que ímos facer,o que non queremos é que nos aconsellen facer inversións que non funcionarán nun futuro.

7.Situación actual e perspectivas de futuro dese sector

-Ameazas: temos a posible ameaza de que unha das nosas operacións realizadas saian mal por un erro do persoal , despistes ou incluso polo material utilizado e a forma de empregalo.Tamén cabe a posibilidade de que se reciba algunha denuncia por parte de un cliente ao non estar satisfeito co trato que se lle deu a súa marcota.

-Oportunidades:ao dispoñer de vario persoal terase mais tempo libre para cada un.Non require unha inversión moi grande no establecemento pero si na cualificación do persoal.

-Puntos fortes: o horario flexible,as instalacións tecnolóxicas,a hixiene máxima e a cualificación dos empleados.
En caso de que se produza unha crise económica este sector non se verá moi afectado xa que os animais sempre precisarán dunha boa saúde e uns mínimos cuidados.


-Puntos febles: os fallos cometidos en horas laborables ,os despistes que poden ocasionar perda de clientes e a competitividade cercana moi alta.


8.Márketing


-Os únicos productos que podemos ofrecer son : pienso,productos de hixiene para o animal e servicios sanitarios.
-Os prezos compararánse coas doutras clínicas,aínda que se poñerán ofertas.
-Pola páxina web,a prensa,a radio e algúns folletos repartidos por diversos locais de outros sectores.


9.Instalacións
-Dispoñerémos dunha maquinaria avanzada e de última tecnoloxía para realizar as mellores operacións posibles.



10.Gastos anuais da actividade.
Os gastos totais de cada ano,serán o conxunto ou suma dos novos investimentos,reformacións do local,material necesario,accesorios,seguridade e outras necesidades que vaian surxindo co paso do tempo.
A media de investimento sería de 100.000 euros.


11.Previsión de ingresos anuais
Todo o material necesario e según funcione a clínica ou non faránse máis ou menos inversión durantes os primeiros anos en ideas innovadoras para facerlle frente á competividade actual.
Ademais unha gran inversión para o noso negocio sería o local e fabricación ou reformación dese local,sobre todo na zona céntrica onde queremos situar a nosa futura clínica.



12.Resultado bruto de explotación.
O noso resultado bruto baseárase nos beneficios recaudados día a día realizando o noso traballo,desde as operacións ata calquera simple curación,xa que se trata dunha clínica privada,e todo aquel que queira que o seu animal reciba un bo tratado de saúde,terá que pagar por elo.É unha das ventaxas xa que si tes boa fama é un sector que simpre funcionará porque a saúde é fundamental e polo tanto teríamos un resultado bruto bo.


13.Finanzamento
Principalmente os inversores máis importantes seremos as donas da empresa Laura e María,xa que tampouco pretendemos utilizar un local de gran extensión,con que haxa o espacio necesario para cada sección da clínica é suficiente.
Aínda que non descartamos a posibilidade de recibir algunha axuda financieira mesmo familiar.


14.Formación dos empregados
É algo que teremos moi presente á hora de contratar a un veterinario para nosa clínica.
Esixiremos un alto nivel académico e sen ten experiencia mellor.
Pararemonos moito a mirar os curriculums de cada persoa para así escoller os que teñan mellores cualficacións como:másters,experiencia,prácticas,lugar onde estudio a carreira.Estas serían algunhas das condicións para cumplir os requisitos,xa que o que queremos é ofrecerlle ao cliente o servizo máis persoal posible ao seu animal e que se sinta satisfeito co traballo levado a cabo.



15.Onde podemos conseguir axudas
Simplemente podemos coseguir axudas para o noso negocio,investigando en internet,en clínicas que estén dispostas a facelo ou sobre en persoas que teñan experiencia profesional.
Outra opción sería recurrir a libros especializados,ou a expertos no oficio que esté dispostos a darnos a súa mellor teoría para un bo funcionamente da nosa empresa.


16.Centros educativos para formarse na profesión
Trataríase de facer a carreira nunha Facultade,e conseguir o mallor número de títulos.





1 comentario:

  1. Non podo evaluar esta actividade; o que quero e que me digades a razón e que vexades que erro tivechedes

    ResponderEliminar