1.Descrición da actividade
Non existe unha definición consensuada e universalmente
aceptada de turismo rural, xa que segundo o país de referencia a resposta a este concepto é
diferente.
Non obstante, podemos decir que o turismo rural é unha oferta de actividades recreativas
de aloxamento e de servicios afíns, realizados no espacio rural e dirixido fundamentalmente ós
habitantes das cidades que buscan un contorno autóctono en relación coa poboación local.
No entorno que nos movemos -Costa da Morte- podemos dicir que os clientes que nos visitan
veñen a satisfacer as seguintes expectativas fundamentalmente:
• Paisaxe
• Gastronomía local
• Artesanía
Canto maior sexa o grao de cumprimento de estes aspectos, maiores posibilidades de éxito
terá a actividade. Trátase de dar unha adecuada resposta ós diferentes
conceptos de turismo: agroturismo, ecoturismo, turismo de aventura, de interior, deportivo,
cultural, etc, que se poden englobar dentro do ámbito do turismo rural.
En Galicia, os establecementos de turismo rural responden á seguinte tipoloxía:
• Comprender os pazos, castelos, mosteiros, casas grandes, casas rectorais e
aquelas outras que, son polos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
• As casas de aldea situadas no medio rural que, pola
súa antigüidade e características de construcción, responden á tipicidade propia das
casas rústicas galegas.
• Casas de labranza, entendendo como tales as casas
situadas no medio rural e con habitacións dedicadas ó aloxamento de hóspedes, nas
que se desenvolven actividades agropecuarias e nas que poden participar os clientes
aloxados. Esta forma de turismo é a definida como agroturismo.
Tipos de establecementos rurais e os seus porcentaxes:
• Residencia: 56,25%
• Hospedería: 25%
• Casas de labranza: 18,75%
O modelo máis xeneralizado de establecemento de turismo rural é unha casa de aldea, con 5 habitacions e hospedería, situada en cualquera das rutas do Camiño de Santiago.
2.Características básicas da empresa
-Condición xurídica: Autónomo.
-Facturación: 61.373 euros.
-Localización: No camiño de Santiago-Fisterra-Muxía...
-Persoal e estructura organizativa: Propetario xerente e persoa a tempo parcial(temporada baixa).
Propetario xerente e dúas persoas (temporada alta):
-Instalacións: 6 habitacións.
-Clientes: españois(sobre todo de Madrid) e galegos.
-Carteira de productos: Alonxamento,restauración e actividades externas.
-Ferramentas promocionais: Guías de turismo rural,tarxetas de visita...
-Valor do inmobilizado: 241.000 euros.
-Importe gastos anuais: 47.973
-Resultado bruto: 22,52 %.
3.mercado no turismo rural na Costa da Morte
Tan só sinalar que na Costa da Morte atopámonos nunha fase totalmente diferenciada,
todavía por desenvolver, cun forte crecemento no investimento privado, a tendencia de todas as variables é a alza.O turismo rural é máis importante en Galicia que en calquera outro sitio.
un mercado en expansión, debido á boa relación calidade-prezo e á
tendencia crecente da demanda, capaz de absorber o incremento na oferta de
establecementos de turismo rural.
A forte estacionalidade que presenta a actividade, xunto co tamaño dos
establecementos, fai que a dedicación exclusiva non sexa demasiado atractiva.
A oferta está moi atomizada e individualizada, existindo poucas asociacións
sectoriais para defender intereses comúns.
Durante o ano 2002 o nº de visitantes na Costa da Morte foi de 7.205 perxoas, xenerando un
total de 15.714 pernoctacións. Esto dou lugar a un grado de ocupación do 29,14%, ocupación
que é un 5.13% superior a media da provincia da Coruña. En canto a estancia media aqui
estamos no 2,18 días lixeiramente superior o 2,05 que temos a nivel provincial.
4.Tipos e características dos clientesO perfil da persoa que visita os lugares de turismo rural en Galicia está formado
principalmente por galegos e madrileños que valoran positivamente un
emprazamento o máis natural posible, lonxe do barullo da cidade.A Costa da Morte ven máis turismo ocasional que turista que se queda, pero dos visitantes que deciden quedarse a súa estancia media é superior ó do resto de Galicia.
5.Empresas competidores
Na Costa da Morte existen 16 establecementos de turismo rural (2002) que ofertan un total
de 184 prazas, o que representa un 4,36% das prazas ofertadas en Galicia, e o 17,18% do total da oferta de A Coruña.
O emprego está ligado á dimensión do negocio, a miúdo son empresas
familiares que recorren á colaboración dos membros da familia nas épocas de
maior demanda.
establecementos pasa de 16 a 21, e o número de prazas pasa de 184 a 237, polo tanto prevese
un crecemento considerable do nº de establecementos en torno ó 31,25%. O nº de prazas
increméntase por tanto en torno o 28,80%, como vemos e un incremento moi considerable para
este ano 2003.
En canto a condición xurídica predomina fundamentalmente o empresario autónomo.
Os proveedores caracterizanse por ser igual que nos outros sectores,pero quizás neste pódese prescindir deles.
7. Situación actual e perspectivas de futuro dese sector
a. Ameazas
A existencia de grandes proxectos de acuicultura, e de parques eólicos situados
fundamentalmente en zonas de gran beleza paisaxística fai que non atopemos cunha ameaza
para o afeamento da paisaxe e de graves consecuencias no entorno.
Por outra parte engadimos as ameazas xa existentes na guía a distancias longas ós centros
urbáns fai que o tempo que temos que empregar para chegar a cidades como Coruña e Santiago
se alongue máis do debido, esto vese claramente nos datos da Comarca de Bergantiños en
comparación con Fisterra. Bergantiños posúe uns índices máis altos debido fundamentalmente a
súa situación máis preto de núcleos urbáns.
Outra ameaza a engadir é que non existe por parte das Admóns Públicas unha ordeación do
territorio.
Incluímos tamén o efecto prestige como unha posible ameaza, aínda que non sexamos
capaces de afirmalo como tal.
b. Oportunidades
É necesario aproveitar todas as subvencións públicas e o apoio institucional forte.
Por outra parte a creación de novos servicios que van asociados ó turismo rural, fai que os
visitantes podan realizar unha serie de actividades complementarias, de ocio, paisaxísticas etc que
faga que a estancia media poda incrementarse. Sinalar que é necesario rentabilizar o turismo de
caza e pesca, moi tradicional na comarca, hai que darlle un novo enfoque e crear servicios para
este tipo de visitantes, sobre todos porque poden cubrir aqueles períodos de temporada baixa.
Tamén a aprobación do novo Plan de dinamización turística, que traerá efecto
positivos para a Costa da Morte.
c. Puntos fortes
Sinalar un matiz en canto a boa relación entre calidade e
prezos, se miramos as táboa de prezos medios podemos concluir que na Costa da Morte o
nivel de prezos é un 25% inferior ó do resto de Galicia. Outro matiz son destacar a paisaxe e a
gastronomía como forte atractivo da zona.
d.Puntos febles
Dispoñe de menos capacidade(máximo dez persoas)comparandoo cos hoteis,e outro punto feble e que non dispón de moitos acesos,xa que se atopa no medio da natureza.
Neste cadro podemos ver outras características resumidas:
8.Márketing
Nas casas de turismo rural da Costa da Morte a carteira de productos está formada
basicamente por aloxamento, a restauración e as actividades complementarias aínda se encontran en fase de desenvolvemento.
Elaboramos un cuadro estadístico dos tipos de servicios que ofrece cada unha das casas, que
se pode incluir na guía e dese cuadro sacamos as seguintes conclusións:
• Case todas as casas posúen aparcadoiro, xardín horta e salon social.
• 75% das casa poseen comedor, e só o 6% teñen restaurante.
• Só o 19% teñen conexión a internet, para os seus clientes.
• As actividades que se ofertan case son todas externa.
En canto os precios do producto, como xa comentamos son lixeiramente inferiores ó do resto
do turismo rural galego.
A comercialización faise fundamentalmente de maneira directa e indirecta.-Promoción
Faise utilizando as guias-catálogo como a de turgalicia, tarxetas de visita e as
páxinas webs. Tamén mediante folletos informativos que as distintos organismos promocinan nas
feiras turísticas ás que acuden.
9.Instalacións
a.¿Qué instalacións e maquinaria van supoñer os maiores gastos?
A estimación dos ingresos está feita para unha casa que conte con:
• 6 habitacións dobles.
• Precio por habitación de 60 euros.
• 25% dos hóspedes comen na casa.
• precio do menú está fixado en 15 euros.
• Estimouse un nivel de ocupación do 80% en temporada alta, un 70% en Semana Santa
e o resto do ano de un 70% os fins de semana.
10.Gastos anuais da actividade
11.Previsión de ingresos anuais
12.Resultado bruto de explotación
13.Financiamento
Como outras actividades, o turismo rural require un tempo para obter uns
ingresos máis ou menos regulares, é dicir, cando os clientes xa coñecen e
utilizan o establecemento. Mentres non se chega a esta situación, poden pasar
meses, durante os cales o emprendedor deberá facer fronte ós gastos fixos do
establecemento, entre outros, os xuros dos posibles créditos pedidos ás entidades
financeiras.
14.Formación dos empregados
Ningunha,simplemente ser educados e tratar todo o mellor posible aos clientes,e uns pequenos coñecementos de financiamento,ingesos,xestións,cuotas...
15.Onde podo conseguir axudas para o negocio
Subencións da Xunta ou o Concello para restaurar.
16.Centros educativos de formación
Penso que en ningún xa que é unha actividade moi sixela,aínda que se pode especializar un mesmo en actividades económicas ou simples coñecementos da zona para aconsellarlle visitas ou gastronomía aos seus clientes.